Cerimonia da area

Para realizar a cerimonia da area son necesarios dous recipientes transparentes con area (preferentemente de cores/tonalidades diferentes, para que se distingan ben unha da outra) e un terceiro recipiente, a ser posible máis grande que os anteriores e que se situará no centro.

Mentres a persoa que oficia a cerimonia le un texto específico, cada un dos contraentes irá collendo area do seu recipiente e depositándoa no central, pouco a pouco, a ata que estea completo.

Simbolismo

A area que achega cada un dos novios simboliza a terra ou casa natal de cada un; diferentes procedencias que se unen para formar unha nova realidade. Cada contraente achega, literalmente, o seu «gran de area» para construír un novo proxecto; un proxecto en que ambos os dous estaredes mesturados, intercalados, formando un todo máis sólido que a suma das súas partes.

Variante

En lugar de area de diferentes tonalidades pódese usar area ou sal pintado, que dará un resultado con maior contraste visual.

+ Cerimonias de casamento civil:

Comments are closed.