Cerimonia da rosa

Nesta cerimonia, os noivos intercambian unha rosa, que representa o seu amor. As flores poden estar estratexicamente colocadas no altar ou ben pódenllelas achegar outras persoas (por exemplo, algún dos padriños, un paxe…).

O máis habitual é que este rito se faga despois do intercambio de alianzas, pero iso é só unha orientación: o importante é que o conxunto da cerimonia responda ás vosas expectativas.

Simbolismo

As rosas son das flores con maior simbolismo. O feito de que se presenten en diferentes cores alimenta as posibilidades: as azuis representan os milagres ou novas posibilidades, as rosadas a tolerancia ou a simpatía, as amarelas o orgullo ou mesmo a envexa…

Desde moi antigo, as rosas vermellas representan a beleza. Por este motivo, é a flor do amor por excelencia, polo que regalar ou intercambiar unha rosa vermella contén un profundo simbolismo que non precisa de maior explicación.

+ Cerimonias de casamento civil:

Comments are closed.