Presentación
- Como parte da miña traxectoria profesional, axudei a organizar os máis diversos eventos: conferencias, mitins, entregas de premios, competicións deportivas, certames escolares… Pero non hai nada que me guste máis que os casamentos, unha cerimonia tan especial como única!
- Durante oito anos organicei os máis variados detalles das cerimonias nupciais de centos de parellas. Ademais, tamén tiven o privilexio de poder casar a moitas delas.
- Conto con excelentes referencias en todos os locais hosteleiros de Santiago de Compostela e comarca especializados na realización de vodas, froito de anos de bo facer e da satisfacción das noivas e noivos cos que tratei.