Como parte da miña traxectoria profesional, axudei a organizar os máis diversos eventos: conferencias, mitins, entregas de premios, competicións deportivas, certames escolares… Pero non hai nada que me guste máis que os casamentos, unha cerimonia tan especial como única!
Durante oito anos organicei os máis variados detalles das cerimonias nupciais de centos de parellas. Ademais, tamén tiven o privilexio de poder casar a moitas delas.
Conto con excelentes referencias en todos os locais hosteleiros de Santiago de Compostela e comarca especializados na realización de vodas, froito de anos de bo facer e da satisfacción das noivas e noivos cos que tratei.