
Para facer esta cerimonia necesítanse dous botes de pintura e un lenzo situado sobre un atril. Recoméndase tamén contar cunha mesa e un pano ou toalla que despois poidamos desbotar.
Unha vez entregadas as alianzas, os contraentes collerán cadanseu bote de pintura e, de maneira simultánea, baleirarana sobre o lenzo.
Simbolismo
Cada bote de pintura simboliza a achega do respectivo contraente á nova vida en común. As cores mesturaranse sobre o lenzo, dando lugar a cores e formas novas.
O resultado é un cadro único e moi persoal que despois podedes enmarcar e colocar nun lugar axeitado do voso fogar. Cada vez que o vexades serviravos de lembranza desta inesquecible data e dos votos que fixestes.