Outras cerimonias civís

Cada momento da vida é susceptible de poderse celebrar mediante unha cerimonia civil. Estas cerimonias requiren un marco adecuado, de acordo coa dignidade do acto, así como un cerimonial e protocolo axeitados á súa finalidade.

1) ACOLLIDA CIDADÁ

A acollida cidadá é unha cerimonia que se realiza a petición dos pais e nais. Concíbese coa intención de que a comunidade acolla no seu seo e dea a benvida ao novo cidadán/cidadá, que gozará dos dereitos recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos da Ifancia, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e na Constitución Española.

2) COMPROMISO CIDADÁN

É a exteriorización pública e/ou renovación, por parte do cidadán/a maior de idade, do compromiso de participar, contribuír e potenciar as boas prácticas cidadás e os valores da ética civil: sentimentos de pertenza, valores locais e valores da humanidade como a dignidade, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a tolerancia e a participación, a democracia e a paz.

Os cidadáns poderán efectuar a manifestación do seu compromiso cos valores democráticos con motivo da súa incorporación á comunidade, procedentes doutro municipio ou país.

3) CERIMONIA DE MATRIMONIO CIVIL

A cerimonia de matrimonio civil é un acto independente do administrativo.  É unha celebración que os contraentes queren facer para o seu propio desfrute e o das súas familias e amizades, con máis calma e sen rixidez de horarios.

Tamén se poden organizar cerimonias civís con motivo e aniversarios de matrimonios, para simbolizar a renovación dos votos e compromisos anteriormente asumidos.

4) DESPEDIDA CIVIL

É a exteriorización pública da despedida dun membro da comunidade con motivo do seu falecemento. Para honrar o seu recordo, e a petición dos familiares e en representación da comunidade de veciños e veciñas, organízase un acto público de despedida.

Contido relacionado:

Comments are closed.